A Biblioteca Xela Arias está a festexar Abril, o mes do libro, cunha serie de contos e actividades para os máis cativos ofrecidos polo alumnado do C.S. de Educación Infantil do veciño IES Chapela.

“De conto en conto” é unha actividade que se desenvolveu en dúas xornadas, realizada polos estudantes do módulo de “Expresión e comunicación”. Nelas había contos, actividades e obxectos creativos para achegarnos á literatura infantil.

Como nos alegrou voltar a ver actividades na nosa pequena sala infantil!

NESTE ÁLBUM PODEDES VER DIVERTIDAS FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • Na primeira sesión, 12 de abril, gozamos de tres contos, moi coñecidos: “El pequeño conejo blanco”, “Por cuatro esquinitas de nada” e “Guapa”. Contos que falan sobre a autoaceptación, a solidariedade e a valentía para facer fronte as dificultades da vida.

  • Na segunda, o 19 de abril, pasámolo moi ben con “El ladrón de hojas” e “El vampiro se va de boda”, contos sobre natureza, medo, humor e poesía.

Para a vindeira semana outro grupo de alumnos de este ciclo de estudos achegaranse de novo a nenos e adultos da biblioteca para marabillarnos co seu bo facer. Serán os “Sorrisos de Chapela”, que nos traerán novas propostas de xogos, contos e literatura.