CATÁLOGO

O CATÁLOGO das bibliotecas de Redondela atópase insiro no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (rbgalicia). Desde o mesmo, podedes buscar calquera tipo de documentos (libros, material gráfico, audiovisuais, rexistros sonoros,…) tanto das bibliotecas de Redondela como de calquera outra biblioteca incorporada á devandita Rede.

GALICIA LE é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe atoparás dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderás facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:

  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.