Ver imaxes da actividade.

Nas tardes do 17 e mais do 24 de abril a nosa biblioteca de Chapela encheuse de rapaces e rapazas amantes do debuxo, que participaron no obradoiro de debuxos kawaii, ofertado pola ilustradora e veciña da nosa parroquia Nusy Lo.

Os nosos debuxantes gozaron coa invención e creación destes personaxes tan riquiños aos que facer protagonistas das súas historias.

Seráns nos que desenvolver e deixar libre a creatividade de cada quen e divertirse na execución destas adorables e divertidas figuras.

Debido ao grande interese xerado pola actividade, a biblioteca decidiu facer dous grupos de rapaces, un para cada sesión.