Servizo público de información a través de Internet, que se ofrece gratuitamente e que ten como obxectivo satisfacer as necesidades e intereses informativos de todos os cidadáns.

Ofrecido por bibliotecas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado pola Dirección Xeral do Libro e Promoción da Lectura, do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.

Xestionado de forma cooperativa por máis de 40 bibliotecas e atendido mediante un sistema de quendas polo que, aínda que accedese a través da súa biblioteca habitual, a súa pregunta pode ser contestada por calquera outra biblioteca participante no proxecto.

Permite aos usuarios realizar consultas ás bibliotecas participantes a través de dúas modalidades: correo electrónico (24 horas ao día 365 días ao ano) e chat (días laborables en horario de atención ao usuario).