🎉“Arte e xogo” para divertirse creando foi o que fixeron onte os máis miúdos da casa, a través dun circuíto con actividades moi abertas para que cada pequeno, de entre 2 e 4 anos, atopase aquela coa que gozar segundo a súa idade.

💖Moitas grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso por elixir compartir esta actividade, neste mes do Libro, coas Bibliotecas Municipais de Redondela.
💖E moitas grazas ás monitoras de Gestión cultural _ taller abierto sempre amables, profesionais e volcadas en conseguir que cada actividade sexa unha experiencia inesquecíbel.

ORGANIZA: Fundación Filomena Rivero Alonso

Colaboran: Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela