Neste fermoso mes do libro a Fundación Filomena Rivero Alonso organiza, o  xoves 18 de abril, un obradoiro para nen@s de 2 a 4 anos , que consistirá nunha serie de actividades plásticas adaptadas ás diferentes idades dos nenos e nenas participantes, contando co apoio dun adulto que lles acompañe.

O obxectivo deste taller baixo o lema “Arte e xogo en familia”  é estimular o potencial creativo e fortalecer a autoconfianza, ofrecendo ferramentas para que a imaxinación xogue un papel fundamental.

A cativada aprende facendo. Para que a aprendizaxe sexa significativa, @ nen@ constrúe o seu propio coñecemento, por iso é básico ter en conta o que xa coñece. Isto chámase aprendizaxe por descubrimento, que neste taller abordarase desde o xogo, de forma que cada actividade sexa divertida e diferente.
Non imos desvelar  nada máis da actividade  xa que as monitoras non queren que  perdamos o factor sorpresa!

O xoves, 18 de abril, ás 17:00 h.

Para nen@s de 2 a 4 anos acompañados dun familiar

Na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela

De balde. Inscricións no Whatsapp 617340323

 

ORGANIZA: Fundación Filomena Rivero Alonso

Colaboran: Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela