O 23 de abril é un día de festa para calquera biblioteca. Esta mañá as Bibliotecas Municipais de Redondela recibimos a dous grupos de persoas que viñeron a festexar con nós este día tan sinalado.

  • Na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela, un grupo procedente do CAMP Redondela. Con eles fixemos unha lectura compartida de diversos textos literarios, entre os que non podía faltar, tal día como hoxe, o personaxe máis universal de Cervantes. Canto nos gusta o Quixote!

  • Na Biblioteca Xela Arias de Chapela, un grupo procedente do centro de recursos de COGAMI Mos. Estes participaron durante toda a mañá dun xogo para coñecer as lendas, as tradicións e o patrimonio inmaterial de Galicia a través dos libros. Unha mañá afondando na nosa tradición máis máxica!

E para deixar bo sabor de boca, agasallos para cadanseu asistente: unha bolsa das bibliotecas chea de lecturas e, por suposto!, a camelia que, na xornada de hoxe, nos acompaña como seña de identidade da celebración deste ano. Presentes que foron ben recibidos polos asistentes de ambas actividades.

Moitas grazas a tod@s por querer celebrar nas Bibliotecas Municipais de Redondela esta fermosa xornada.