O alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela achega de novo á súa biblioteca pública máis próxima actividades de animación lectora para os cativos e cativas.
O mércores 12 e o mércores 19 de abril, ás 18:00 h., gozaremos dos contos que nos achegan estes estudantes, acompañados con orixinais xogos e materiais creativos deseñadospor eles.
As actividades están dirixidas para nenas e nenos a partir de 3 anos, con prazas moi limitadas.
Podedes facer a vosa inscrición para as dúas xornadas na Biblioteca de Chapela.
Con estas actividades voltamos ás colaboracións da biblioteca municipal co Ciclo Superior de Educación Infantil de Chapela.