Despois da fantasía de “De conto en conto”, co alumnado do módulo de Expresión e comunicación do C.S. de Educación Infantil, o vencello entre a biblioteca municipal e este grao formativo non remata.
Nas vindeiras semanas a Biblioteca Xela Arias cobrará vida e color cos “Sorrisos de Chapela”, un grupo desta vez formado por estudantes do módulo Desenvolvemento socioafectivo, do mesmo ciclo.

Contos, xogos, actividades de dinamización e fantasía daranse cita cos máis cativos de Chapela.

– Están pensados para nenos e nenas a partir de 3 anos.

– Para participar é preciso inscribirse na biblioteca (bibliotecachapela@redondela.gal ou tlf 986-454-226).

 

  • A primeira sesión desenvolverase o martes 25 de abril, de 17:30 a 19:30 h. Dúas horas cheas de xogos e actividades adicadas á coeducación en igualdade.

 

  • E no mes seguinte, este grupo voltará  os martes 2 e 9 de maio, de 17:30 a 19:30 h. para achegarnos xogos e actividades para o coñecemento das emocións.