Esta tarde a Biblioteca Xela Arias celebrou un contacontos para cativos de 1 a 3 anos.
“Unha tarde especial con Dori”, da man de Batucado & Emusin, achegoulles a ledicia das historias próximas e a emoción dos estímulos sensoriais xoguetóns e sorprendentes.
Cancións, pompas de xabón, un globo viaxeiro… todos son elementos para xogar, contar e extasiarse.
Con esta actividade a biblioteca quere convidar aos máis pequenos das casas a achegarse aos nosos servizos, e facelos lectores (ou pre-lectores) da colección de contos e historias que temos preparadas na nosa Pequeteca.
A actividade tivo lugar dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, para actividades na Rede de Bibliotecas de Galicia.