Por causas alleas á biblioteca, debemos mudar a data do contacontos previsto para mañá martes.

 

  🧒 Contacontos “Unha tarde especial con Dori”, con Batucado & Emusin 

A nova data será o martes 3 de outubro, ás 17:00 h.

Para nen@s de 1 a 3 anos

Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela (📞 986-454-226, 💻 bibliotecachapela@redondela.gal).

De balde.

““Unha tarde especial con Dori” lévanos ó cuarto dunha rapaza moi curiosa e con moita imaxinación. Veremos como Dori prepara algo especial para a súa Avoa polo seu aniversario. Será unha torta? Un debuxo? Ou unha canción? Teremos que acompañala nesta aventura para descubrilo, na cal mediante contos, movemento, música e elementos luminosos nos fará pasar un día máxico.”

 

A actividade ten lugar na biblioteca a través do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.