Con Trécola Teatro gozamos esta tarde dun espectáculo teatral e narrativo co que nos achegaron as historias de mulleres importantes, que nos fixeron poñer o ollo nas relacións de parella sás ou nocivas, e tamén, recoñecer e dar a benvida ás familias diversas.

  • Artur e Clementina
  • Con Tango son tres
  • Historias de Buenas Noches para niñas rebeldes

Contos con mensaxe e trasfondo para facer reflexionar a nenas, nenos e adultos, e tamén para pasar un bo rato gozando dunha tarde teatreira.

A actividade tivo lugar dentro da programación do Concello de Redondela para conmemorar o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres, o 25 de novembro, e grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.