As Bibliotecas Municipais de Redondela voltamos participar na programación de actos que o Concello de Redondela ten organizados para reivindicar o 25 de Novembro como o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Dentro das actividades que ten organizadas a Concellería de Igualdade para conmemorar esta data, poderedes gozar dun contacontos no que participa a Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Trátase do espectáculo “Sen medo” da compañía Trécola Teatro, que se escenificará o venres 1 de decembro ás 18:30 h. nas instalacións do Multiúsos de Chapela.

Dúas coidadoras dun parque natural contan as historias de Roi e Silo, dous pingüíns macho que queren ser pais; das tartarugas Clementina e Artur que comezan unha vida en común aparentemente feliz, ata que el comeza a poñer unha pesada carga de obxectos e desprezos sobre ela… Tamén falarán de mulleres que, ao longo dos séculos loitaron polos seus soños, poñendo o un valioso gran de area na historia do feminismo. Retallos de vida que plasman diferentes realidades que nos rodean, desde un punto de vista optimista e positivo: se queremos que algo suceda, deberemos loitar por conseguilo entre todas e todos.

Unha proposta axeitada para nenas e nenos a partir de 3 anos.

A entrada é de balde ata completar localidades. Recomendamos que vos inscribades previamente na biblioteca Xela Arias: