A Biblioteca Xela Arias contou coa narradora oral Ana Facchini para realizar un divertido contacontos coa igualdade home-muller como eixo.

Un espectáculo onde nos divertimos cos libros, as cancións, os retrousos e os xogos. Unha achega á literatura para os máis cativos que tivo lugar no auditorio do Piñeiral do Crego o venres 11 de marzo, dentro da programación do 8 de Marzo do Concello de Redondela.