As bibliotecas municipais sumámonos á Programación do Día da Muller do Concello de Redondela coa celebración dun contacontos.
A sempre divertida narradora oral Ana Facchini, achegaranos o espectáculo “Tanto conta, conta tanto”, que gustará a cativos e grandes.
Será na Biblioteca Xela Arias, en Chapela, o venres 11 de marzo, ás 18:30 h.
A actividade é de balde, pero precisa inscrición previa. Podedes anotarvos:
– Presencialmente, na Biblioteca Xela Arias.
– Chamando por teléfono: 986-454-226
– Por correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal
Ademáis as bibliotecas de Redondela vimos de ampliar as nosas coleccións con novos libros relacionados co feminismo, e que podedes xa consultar nas nosas bibliotecas.