Esta tarde tivo lugar o segundo encontro literario co escritor Berto Pirata, organizado polos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.

Nesta sesión, os participantes, co texto literario en proceso, achegáronse para comentar e facer crítica, tanto da súa forma como do seu contido.

O resultado foi unha sesión moi animada de conversa, opinións e discusión arredor do texto, pero tamén un repaso histórico sobre a temática do mesmo: os asasinados durante os primeiros anos da posguerra, os anos do silencio, as vítimas e victimarios, a recuperación dos corpos, e a dor das familias…. todo arredor dun personaxe, Dona Luisa, mestra e boticaria, firme nos seus principios, de ideas avanzadas e de enteireza moral insuperable.

Unha conversa cálida da que gozaron todos os participantes, e que se prorrogou coa aportación de moitos matices, ideas e críticas construtivas.

Moitas grazas a todos e a todas os que participastes, e aledámosvos de que vos gustara a proposta. Grazas tamén aos Amigos das Bibliotecas de Redondela por propoñer e organizar o encontro.