O proxecto “Unha biblioteca para Xela”, desenvolto polas Bibliotecas Municipais de Redondela ( Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela e Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela), vén de ser recoñecido como Finalista do Selo CCB 2021 na categoría de bibliotecas públicas de máis de 10.000 habitantes.
Xunto ás Bibliotecas Municipais de Redondela foron distinguidas a Rede de Bibliotecas Municipais de Cartagena e a XARXA de Biblioteques de Llíria
O Selo CCB é outorgado polo Consejo de Cooperación Bibliotecaria ( CCB) (órgano que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas dependente do Ministerio de Cultura) e ten como finalidade, tanto en gañadores como en finalistas, resaltar o valor dos proxectos de bibliotecas máis destacados relacionados, nesta edición, cos obxectivos xerais do III Plan Estratéxico do CCB.
✴️Os nosos parabéns á Biblioteca Municipal de Ribadavia, finalista na categoría de Bibliotecas Públicas de ata 10.000 habitantes.
✴️Así mesmo, os nosos parabéns ao CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña), Selo CCB 2021 en Bibliotecas Escolares Primaria e ao CEIP Plurilingüe de Outes (A Coruña), finalista na mesma categoría.
O proxecto “Una biblioteca para Xela” foi distinguido no 2021 co “Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia” ,e tiña entre os seus obxectivos :
1. Promover, dinamizar e visibilizar a Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela)
2. Contribuír á difusión da figura da escritora, tradutora, editora e docente galega Xela Arias.
3. Poñer a Redondela como punto de referencia na gran celebración das Letras Galegas 2021 sendo a de Chapela a única biblioteca que leva o nome de Xela Arias e a única institución,
ata onde sabemos, co nome da artista
4. Solventar a través de instrumentos de difusión non presenciais as dificultades sobrevindas dun ano de pandemia.
5. Innovar nos medios utilizados para conmemorar a tradicional celebración das Letras Galegas.
- A nova na web do concello
- A nova en Comarcas na Rede
- A nova no Faro de Vigo
- A nova no Atlántico Diario