As Bibliotecas Municipais de Redondela foron distinguidas, no galardón á Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela),  co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto “Unha biblioteca para Xela” co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.

O galardón foi entregado onte polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na clausura da III Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, celebrada na Biblioteca de Galicia baixo o título A biblioteca social.

✴️Na imaxe: Cristina Ruibal subdirectora xeral de Bibliotecas e  a concelleira de Cultura , Iria Vilaboa, a directora das Bibliotecas Municipais de Redondela , María Elena Becerra e a responsable da Biblioteca Xela Arias de Chapela María José Villar no momento da entrega do Premio.

✴️Moitas grazas a todos/as os/as que o fixestes posible!
Un agradecemento moi especial a Radio Redondela, á dinamizadora cultural Ana Facchini, a Don Manuel Bragado , á actriz Raquel Queizás e á filóloga e ensaísta  Chus Nogueira, á familia de Xela Arias e mais a todas e todos os que tivestes a xentileza de colaborar para que o proxecto “Unha Biblioteca para Xela” fose unha realidade

Aquí podedes acceder á entrega do Premio para partir do punto 4:12:28