Este martes rapaces e rapazas de Chapela e arredores gozaron da maxia narradora de Raquel Queizás, nun espectáculo organizado pola biblioteca que se desenvolveu no auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.

Con “Somos iguais” subímonos a un avión máxico onde atopamos animais que modifican as súas convencións, de nenos que rachan estereotipos e de princesas que non se conforman co seu destino.

Un espectáculo realizado dentro da programación municipal do 8 de marzo e que gozou dun público numeroso e entregado, que gozou de recoñecer a igualdade de dereitos e a igualación de roles entre nenos e nenas.

#Redondela8M