Dentro da programación municipal do 8 de marzo, a Biblioteca Xela Arias de Chapela ofrece un contacontos coa magnífica Raquel Queizás.

O espectáculo leva o título Somos iguais e terá lugar no Auditorio do Multiúsos de Chapela, o martes 7 de marzo, ás 18:30 h.

“Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos  situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une”.

 

Actividade para público familiar a partir dos 3 anos, con entrada libre ata completar localidades.

Un espectáculo para desmontar os estereotipos que  dificultan a convivencia pacífica entre nenas  e nenos.