O lar das Palabras: o día Pasámolo XENIAL! Na actividade “O LAR DAS PALABRAS” escoitamos unha bonita historia que nos convidaba a recuperar esas palabras esquecidas do noso idioma galego. Debuxamos e eliximos a nosa palabra preferida para facer un imán. Elaboramos unhas pulseiras chulísimas coas nosas palabras galegas preferidas. PERO SOBRE TODO… FOI UN ENCONTRO FAMILIAR ESTUPENDO O noso agradecemento a Normalización Lingüística Redondela pola oportunidade de gozar desta actividade na biblioteca. É, por suposto, moitísimas grazas ás dúas monitoras que desenvolveron “O lar das palabras” admin2022-12-14T16:13:26+01:007 Decembro, 2022|Categories: ACTIVIDADES, Colaboracións, Contacontos, Obradoiros|Tags: As nosas bibliotecas, Normalización Lingüística|