O obradoiro familiar “O lar das palabras”  comeza cun conto, “O lar das palabras”, que da nome a actividade,  e a partir de aí esas palabras correrán entre o público, sensibilizando ás familias sobre a necesidade de conservar e manter vivo o galego, empregándoo no fogar e facendo da lingua un momento de encontro, de afecto, de lecer e de diversión.

Despois do conto, os participantes realizarán unhas divertidas e moi bonitas actividades: tomarán nota nun caderno moi especial, que levarán para casa, construindo o seu propio dicionario  , fabricarán unha pulseira coa súa  palabra galega favorita e moitas outras cousas.

A proposta está destinada a nen@s acompañad@s por un adulto con  idades comprendidas entre 3 e 8 anos.

A actividade é de balde pero necesita inscrición previa na propia biblioteca ( 986401561 )

Prazas limitadas.

“O lar das palabras” é unha actividade realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia. Está  organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e conta coa colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela.