Os “Sorrisos de Chapela”, grupo formado polo alumnado do C.S. de Educación Infantil (módulo “Desenvolvemento socioafectivo”) do IES CHAPELA, trouxo a diversión e a ledicia para os máis cativos da nosa parroquia lectora. A través do proxecto de actividades que están a desenvolver na Biblioteca Xela Arias, achegaron aprendizaxe, diversión e contos aos cativos.

  • Na sesión do martes 25 de abril a temática era a Igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas.
    E traballaron este tema cunha serie de propostas moi diversas, tanto en contidos como en dinámicas e materiais empregados.

Contos sobre aspiracións deportivas, sobre medos, sobre exercer profesións. Obradoiros de marionetas con calcetíns, de bonecos con cabeza de herba…
Todo tivo cabida nesta sesión.

ENLACE AO ÁLBUM DE FOTOS DESTA PRIMEIRA SESIÓN COS “SORRISOS DE CHAPELA”