30 de xaneiro, día do nacemento de Castelao, celébrase dentro do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia, da Rede de Bibliotecas de Galicia, como o Día da Ilustración.

As bibliotecas municipais de Redondela festexamos esta efeméride convidando a todas as persoas usuarias a deseñar marcapáxinas.

Nas bibliotecas deixamos marcapáxinas en branco, que calquera de vós podedes encher con debuxos, mensaxes e con toda a vosa creatividade, e que poderedes realizar durante toda esta semana. Podedes levalos para a casa ou ben deixalos no mostrador da biblioteca para que os podan utilizar os lectores dos nosos servizos, e nós darémolos a coñecer nas nosas redes sociais.

Durante a xornada de hoxe a Biblioteca Xela Arias encheuse de entusiastas artistas, pero será ao longo de toda a semana que estades convidados a facer os vosos deseños.

Podedes ver NESTE ENLACE fotografías dos marcapáxinas e da actividade.

Seguidamente podedes ver algúns dos marcapáxinas realizados nesta primeira xornada – 30 de xaneiro.

#DiaIlustracion2023BibliotecasRedondela