O 30 de xaneiro conmemórase o nacemento de Castelao. Por iso a Rede de Bibliotecas de Galicia acordou incluir esta data dentro do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia como o Día da Ilustración. Unha data creada para reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na cultura galega, homenaxeando cada ano a un autor ou autora de relevancia neste eido.

Este ano a persoa homenaxeada é a artista María Antonia Dans, arredor da cal a rede realizará diversas actividades de recoñecemento.

 

As Bibliotecas Municipais de Redondela festexamos o Día da Ilustración convidando a todas as persoas usuarias dos nosos servizos a deseñar e ilustrar marcapáxinas.

A nosa proposta esténdese á semana desde o 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro, na que poderedes achegarvos ás nosas bibliotecas para darlles vida a marcapáxinas baleiros que atoparedes nas salas infantís. Ademáis de pasar un bo rato, veredes publicados os vosos deseños no noso blog e nas nosas redes sociais:: Facebook e Instagram.

Animádevos a experimentar e sacar a vosa creatividade!

#DiaIlustracion2023BibliotecasRedondela