Benvido outono!!
Bueno, igual non o parece polas temperaturas tórridas que estamos a pasar nestes días… pero o 23 de setembro dase inicio a esta estación do ano que tanto nos gusta 🍂🍁.
Para celebrar este cambio de estación, así como a volta á actividade cotiá a Biblioteca Xela Arias, celebramos onte un espectáculo de narración oral para a rapazada.
E como emisaria chegada do mundo dos contos tivemos nada menos que á asturiana de orixe e redondelana de adopción Olga Cuervo, con “Al abrigo de los cuentos”: unha función moi acaída á nosa proposta.
Nenas, nenos e adultos gozaron dun reencontro con esta marabillosa narradora, e xerouse tal expectación e o interese por participar que a biblioteca tivo que mudar o emplazamento orixinal do espectáculo e levalo ao auditorio do Piñeiral do Crego.
Ao rematar a sesión foron moitos os espectadores que quixeron achegarse a falar con Olga Cuervo, e tamén levar prestados os contos que dende a biblioteca suxerimos para esta sesión.Agardamos vervos de novo noutras actividades.