A Biblioteca Xela Arias quere festexar a pronta chegada do outono, e para tal, está a preparar un contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos.

O espectáculo que vos imos ofrecer será “Al abrigo de los cuentos”, coa actriz e contadora asturiana Olga Cuervo, que terá lugar o xoves 22 de setembro ás 18:30 h.

“O abrigo, é o protagonista desta historia. Olga Cuervo cóbrese con el, e del sairán os obxectos necesarios para contar diferentes historias. Variados personaxes habitan nesta máxica vestimenta e só cobran vida cando a nosa contacontos os faga saír coa maxia da súa palabra”.
Para participar nesta actividade deberedes inscribirvos na biblioteca. Podedes facelo tamén chamando ao teléfono 986-454-226 ou por correo electrónico, no noso enderezo: bibliotecachapela@redondela.gal