Aquí unhas fotografías da sesión con Charo Pita de “A formiga na barriga”:

A formiga na barriga

Compartir con Charo Pita o contacontos de “A formiga na barriga” foi unha absoluta gozada para os quince nen@s e os adultos que os acompañaron.

      Rimas, historias, xogos e cancións captaron completamente a atención de nen@s moi, moi pequen@s.

“A formiga na barriga. O cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois… no nariz.”

A formiga na barriga

Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia