O mércores 1 de xuño, ás 17:30 h. a Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela acollerá un contacontos para nenos e nenas de 1 a 4 anos , na súa  Sala Infantil.

Contaremos cunha narradora excepcional , Charo Pita, para achegarnos unha historia co “cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois… no nariz” que se titula “A formiga na barriga”.

Rimas, historias, xogos e cancións con vitamina I de imaxinativas para ir coñecendo o corpo e toda a fauna que nos arrodea.

Para participar deberedes inscribirvos na biblioteca, as prazas son limitadas, e cada neno/a debe de estar acompañado dun adulto durante o contacontos.
– Tlf: 986 40 15 61

A actividade é de balde

Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Redondela.