As Bibliotecas Municipais de Redondela festexamos o 24 de outubro – Día das Bibliotecas cun obradoiro infantil que tivo lugar na Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Co título “Caixa, caixiña, caixón”, a rapazada que se achegou ao noso centro situado no Piñeiral do Crego, coñeceu a persoeiros femeninos extraordinarios na historia de Galicia, e practicou un xeito de narración-creación para destacar as biografías das mulleres máis próximas das súas vidas.

A actividade, organizada por Andamiaxe Innova, fixo pasar un bo rato aos nenos e nenas de 6 a 10 anos que se achegaron á biblioteca para aprender e pasar un bo rato… festexando o Día das bibliotecas.