O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, unha conmemoración impulsada pola Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria.

O lema deste ano é “BiblioTecuida”, e céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos se preocupan por atender as necesidades dos usuarios.

Aquí a información sobre a celebración do Día das Bibliotecas 2022.