Este xoves os máis cativos de Redondela e arredores gozaron dun espectáculo de contada, canto e xogos de animáis realizado polo artista Caxoto.
Galos, galiñas, porcos, vacas e demáis familia achegáronnos a vida da granxa, os sons dos animáis e as rimas tradicionais da infancia, acompañados de música e bo humor.
A actividade, organizada pola Biblioteca Xela Arias de Chapela, realizouse no auditorio do Edificio Multiúsos por ser un espazo máis amplo para poder garantir as medidas de seguridade necesarias.
Nenas e nenos de entre 1 e 4 anos encheron as prazas dispoñibles, e moi pronto quedamos sen localidades dispoñibles.
Grazas aos nenos e nenas de Chapela e arredores e ás súas familias polo interese na actividade, e grazas o artista Caxoto por un serán máxico que agardabamos tanto.
Podedes ver imaxes da actividade na nosa galería.
A actividade tivo lugar grazas ao programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.