Chapela Levantate Xan

Setembro é o mes da volta ás rutinas e, para moitos dos máis cativos, o seu primeiro contacto coa escola. Para festexalo e para homenaxear a todos eses cativos e cativas que comezan a ir á escola infantil, achegamos este divertidísimo contacontos:

Levántate Xan!, unha proposta de narración oral que o afamado contador Caxoto, traerá á Biblioteca Xela Arias.

O xoves 16 de setembro, ás 18:00 h., no auditorio do Multiúsos de Chapela

Inscrición previa:
Biblioteca Xela Arias: 986-454-226, bibliotecachapela@redondela.gal

A actividade está pensada para cativos e cativas de entre 18 meses e 4 anos, acompañados das súas familias.

Benvidos ao mes da volta ás rutinas escolares. Agardámosvos na biblioteca!