A Biblioteca Xela Arias de Chapela gozou esta tarde dos versos e as animadas palabras da poeta Anxos Castro nunha nova xornada de “Aquí sí hai quen escriba”.

Acompañada pola concelleira de cultura Rita Pérez Táboas e mais por Estrella Iglesias, ben coñecida en Chapela polo seu vencello co grupo folclórico Anaquiños, presentounos o seu poemario: “Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas”.

Arroupada en todo momento por amigos e coñecidos, a poeta falounos do seu temprano vencello coa escrita, tamén das vivencias que lle levaron á poesía e cales foron aqueles poetas que máis a inspiraron. Tamén nos contou a súa experiencia no mundo editorial, sendo ela que publica en galego a través dunha editora madrileña: Diversidad Literaria.

Anxos Castro acompañada de Estrella Iglesias e mais pola alcaldesa de Redondela e a concelleira Rita Pérez

 

Houbo tempo para a lectura dalgún dos poemas que compoñen o libro: alegres algúns, reivindicativos outros, eróticos tamén, e outro de profundo ton intimista que nos fixeron estremecer.

Agradecemos á escritora a presentación na biblioteca, e a Estrella Iglesias o seu “apadriñamento” na nosa contorna.

#Aquisihaiquenescriba