Esta tarde gozamos na Biblioteca Xela Arias da presenza dunha contacontos moi riquiña que encheu de ledicia aos nosos espectadores máis cativos.
“Vamos ao recreo” é un espectáculo do grupo Trémola Teatro dirixido para nenas e nenos que propón a reflexión sobre os espazos de xogo igualitarios.

Con música, xoguetes e un ton moi animado, a narradora de Trémola Teatro contaxiou aos participantes a alegría de xogar e de compartir a diversión con todos, sen discriminacións.

A actividade realizouse dentro da programación do Concello de Redondela para festexar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.