Xela a diario na voz de…Xermán Tizón

Hoxe, Xela na voz de Xermán Tizón, un mestre amante dos libros e as lecturas.

Na segunda parte do programa atopámonos co activismo cívico e ecolóxico de Xela e a publicación de Intempériome.

O broche de ouro: unha tenra lembranza de Xela por parte de Xermán e unha emotiva homenaxe a todas as nais que sufriron a perda dun fillo e aos fillos que sufriron a dunha nai nun poema recitado por Xoel, fillo de Xermán Tizón.

Todo isto aquí, na web de Radio Redondela.