Este xoves, 30 de xuño, o parque do Piñeiral do Crego encheuse de festa, grazas ao contacontos ofrecido polas Bibliotecas Municipais de Redondela, dentro da celebración municipal polo Día do Orgullo LGTBIQ+

Manuel Solla, de Os Carballiños, achegounos “Voando libres”, un contacontos que falaba de tolerancia, de amor, de igualdade e de respecto ao diferente. Un contacontos para eliminar clichés e trabas mentais, para poder voar libres segundo os nosos gustos e as nosas eleccións.

Nel contamos contos sobre tiburóns sen dentes, sobre ras vermellas, e moitas outras cousas máis… e asistimos a momentos de maxia e fantasía.

Agradecemos a Os Carballiños polo seu espectáculo, e ao Concello de Redondela por contar con nós para participar nesta programación. Agradecemos tamén ao programa Ler conta moito o poder contar con esta actividade. Pero sobre todo, o que máis nos enche de ledicia son as familias que se achegan a este parque e que contan coa Biblioteca Xela Arias como o seu espazo para a lectura e para compartir historias e fantasía.