A Biblioteca Xela Arias recibiu esta semana unha nova visita do alumnado do IES Chapela. Neste caso tratábase do módulo de Desenvolvemento socioafectivo, dentro do Ciclo Superior de Educación Infantil deste centro de ensino.
O grupo participante amosouse interesado nos servizos que ofrece a biblioteca a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e tamén curiosos en coñecer diferentes propostas que se moven no mercado actual da literatura infantil e xuvenil.
Gustaron especialmente daqueles libros con temáticas arredor da autoestima, o coñecemento das emocións e o autocoidado, moitos dos cales podédelos ver nos nosos centros de interese sobre autocoidado e saúde mental.
Sobre esto último, teñen previsto facer algunha actividade para o público dentro da nosa biblioteca…. Aínda non podemos adiantar máis, pero sí decirvos que estamos expectantes! 😏