Contemplando o busto de Valle-Inclán á entrada do Multiúsos da Xunqueira de Redondela

Hoxe tivemos a gran alegría de recibir a visita, con motivo do próximo Día do Libro, dun  grupo de dezaoito nenos e nenas  que participan nas actividades de Cruz Vermella- Redondela, acompañados polas voluntarias de Cruz Vermella  Mocidade.

Tras visitar as instalacións da Biblioteca P.M. Valle-Inclán, achegáronse  ao seu funcionamento e a algunhas curiosidades da súa historia, entre elas á historia do busto de Valle-Inclán que, no seu momento, presidiu a sala da biblioteca cando a mesma estaba situada nos baixos do Concello,

 

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!