Como sempre, unha gozada💛 recibir aos /ás nosos/as amigos/as da Escola Infantil Carrusel.
Visitáronnos esta mañá e enchéronnos de alegría e optimismo para o resto do día.
Temos que darlle as grazas 💛 á nosa compañeira Mª José que tivo a xentileza de achegarse ata a biblioteca para compartir cos nosos pequenos convidados uns contos cheos de sabor a natureza  dentro dun “bosque de libros”.
Moitas grazas 💛a tod@s por pasar esta mañá connosco!