As Bibliotecas Municipais de Redondela dan comezo as celebracións polo Día Mundial do Libro entregando os premios aos/ as lectores/ , maiores de 14 anos,  máis activos/ as durante o pasado ano 2021 no servizo de préstamo, co obxectivo de animar e fomentar a lectura.

Os/as premiados/as son nomeados/as  Socios/as de Honra das bibliotecas e, como consecuencia disto, terán a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante o ano 2022. Ademais fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio.

Os galardoados son os seguintes:

María Teresa Míguez Docampo -Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela

Eulogio Parga Valles-Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela)

PARABÉN A ESTES DOUS GRANDES LECTORES!

En Radio Redondela

Na web do Concello de Redondela

-En Atlántico Diario (09/05/2022)