Con motivo da celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor (23 de abril), as Bibliotecas Municipais de Redondela distinguen un ano máis @s lector@s máis activ@s no servizo de préstamo, atendendo aos datos que rexistraron as súas estatísticas.
Este recoñecemento fai merecedor@s a est@s lector@s dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio, á vez que son nomead@s Socios/as de Honra das Bibliotecas Municipais de Redondela ata a celebración do próximo ano, tendo a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo.
Os galardoad@s son @s seguintes:
Na Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela)
Angelina Castrelos Álvarez e o pequeno Ciro, de 5 anos
Na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela
Mª Teresa Díaz Amoedo e Brais Barciela González
Esta iniciativa ten por obxectivo fomentar a lectura e premiar a fidelidade d@s usuari@s que máis libros retiraron en préstamo ao longo do ano anterior.
FELIZ DÍA DO LIBRO PARA TOD@S!