Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, as Bibliotecas de Redondela conmemoran cada ano esta efeméride premiando aos lectores/as, menores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no ano anterior, atendendo aos datos que rexistraron as nosas estatísticas.
Os/as premiados/as son nomeados/as  Socios/as de Honra das bibliotecas e, como consecuencia disto, terán a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante o ano 2022. Ademais fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio
Distinguimos, como Socias de Honra neste 2022 a:

Carmela Santos Fernández (Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela)

Celia Santamariña Tenreiro (Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela))

PARABÉN A ESTAS DÚAS GRANDES LECTORAS!

Na web do Concello de Redondela

En Radio Redondela

En Comarcas na Rede

No Faro de Vigo

Na web da SER

No Xornal21

-No Atlántico Diario (14 de abril de 2022)