Na biblioteca recibímosvos dun xeito amigable, non damos medo… Pasade, pasade!!

Na véspera de Defuntos moitas ánimas descarriadas do Outro Mundo e moitas forzas extrañas se achegaron á nosa biblioteca enmeigada:

Seres terroríficos doutro mundo interesáronse pola nosa sección de narrativa de medo, misterio e morte… 💀

 

Tamén na Sala infantil, no recuncho de libros sobre fantasmas, bruxas, monstros e defuntos 👻

 

Visitantes espantosos, ávidos de libros frescos con arrepiantes historias dentro 👹

Non teñades medo, son as nosas historias de terror, misterio, fantasmas, monstros e medos as que lles atraen a todos… e a todas.

E que están por todas partes…. 🎃⚰

Aínda que tamén os nosos doces, que encheron petos e cabazas 😋😄

Que pasedes unha boa Noite de Samaín!