Acabou o ano e toca realizar o sorteo da cesta de libros entre todos aqueles  que completaron o Reto Lector do ano 2023. Será o xoves 11 de xaneiro, Día do/a Usuario/a das Bibliotecas, cando coñeceremos ao gañador/ra.

As Bibliotecas Municipais de Redondela lanzaron esta iniciativa, a proposta dos Amigos das bibliotecas Municipais de Redondela.

Neste reto podían participar as lectoras e lectores maiores de idade que se animasen a ler todos os libros que se propoñían neste calendario lector anual.

Toda as persoas lectoras que que fustes quen de completar o calendario recibiredes un agasallo da biblioteca, e participaredes no sorteo.

#RetoLector2023BibliotecasRedondela
#RetoLector

#BibliotecasRedondela