A Biblioteca Xela Arias de Chapela continúa coas súas xornadas de visitas escolares.

Este xoves o alumnado dos últimos cursos do CEIP Alexandre Bóveda achegouse ás instalacións da Biblioteca Municipal Xela Arias para facerse o carné e coñecer os servizos que ofrecen as Bibliotecas Municipais de Redondela e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Ademáis achegamos a este alumnado o centro de interese co que estamos a traballar as bibliotecas municipais arredor da saúde mental e o autocoidado, e escollemos algúns contos e álbumes ilustrados para gozar da súa lectura en voz alta.

Unha visita da que, como non, saíron cun grande e luminoso sorriso.