Chega o Entroido e queremos que esté todo moi animado.

Para festexalo, na Biblioteca Xela Arias de Chapela animámosvos a pintar máscaras con cartón de refugallo.

  • Nós poñemos os materiais (cartón, tesoiras, témpera, rotuladores, ceras…)
  • Vós (Nenos e Grandes) só tedes que poñer a imaxinación, o enxeño…. e as vosas mans!

Podedes facer máscaras e deixalas na biblioteca para que as vexan todos os lectores… (ata pasar o Enterro do Berete).

Ou podedes levalas para a casa (se tedes moita morriña e apego ás vosas creacións).

E, como non!, podedes vir cos vosos disfraces.

Na sala infantil teremos á vosa disposición os materiais durante toda a xornada de apertura para que vos animedes.

XOVES 8 E VENRES 9: De 16:00 a 21:00 h.
LUNS 12, MARTES 13, MÉRCORES 14: De 9:00 a 14:00 h.

#BibliotecaXelaAriasChapela
#Entroido2024
#Desenvolvementocreativonabiblio