✒️Onte comezou a primeira edición de “ESPALLAR TINTA ” na Alameda Castelao de Redondela.
✒️Nenos e nenas de infantil e primaria dos centros educativos do Concello, amosaron as súas habilidades nunha feira de dinamización da lingua galega e a escritura que se desenvolveu este mércores, na Alameda Castelao,  e o xoves, na Feira do Gando .
✒️Detrás desta idea está a profesora do Colexio de Cedeira, Jessica Rodríguez, e o propio centro educativo que foi o encargado de coordinar ao resto dos colexios.
✒️Unha actividade que conta coa colaboración do Concello e das Bibliotecas Municipais de Redondela que foron as encargadas de achegar a animación musical a cargo de Cé orquestra pantasma
Máis información nesta ligazón de Radio Redondela