Os Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela téñennos preparada unha nova actividade para o vindeiro luns 22 de maio.

O escritor Berto Pirata achegaranos o seu novo libro, aínda en proceso de escritura, e contará coa interacción do público para intervir nel.

Unha proposta para coñecer por dentro o proceso creativo da escrita.

Se vos interesa participar, achegádevos o luns 22 de maio ás 20:00 h., na Biblioteca Xela Arias de Chapela.