Na Biblioteca Xela Arias estamos moi orgullosos, porque imos celebrar a presentación da primeira novela de Noa G. Pérez.
Noa, veciña de Chapela, foi usuaria da biblioteca dende nena, e a ela acudía con asiduidade como lectora insaciable. Moi inqueda xa de cativa, Noa gozaba devorando as páxinas dos libros, e uniuse durante anos ao noso club de lectura infantil, ao tempo que tamén participaba de moitas das nosas actividades.
Na actualidade vive e estuda en Madrid. O seu amor á literatura ven de levala a atreverse a traspasar a barreira de lectora cara ao outro lado, e comezou a escribir as súas propias historias. A editorial Autografía ven de publicar a súa primeira novela: Todo al rojo, aínda que xa ten máis novelas abrollando na súa cabeza.
Noa está ilusionada por presentar a súa primeira novela na biblioteca da súa infancia, e nós, moi contentos por arroupala no seu novo percorrido como escritora.
Desexámoslle moita sorte e animámosvos a acompañala o vindeiro luns, 11 de abril (luns de Semana Santa), ás 19:30 h. na Biblioteca Xela Arias.